Detalls del llibre
«Como ben salienta a profesora portuguesa Clara Rocha no seu extraordinario ensaio Revistas Literárias do Século XX em Portugal (1985), unha das funcións que desempeñan habitualmente as revistas e os xornais literarios ?coidamos que tamén quedan comprendidos entre os segundos os suplementos dos periódicos? é a de arquivo do patrimonio cultural. No entanto, as revistas e mais os suplementos poden acabar converténdose en sepulturas de textos e imaxes, xa que os números sucesivos dunha publicación periódica van enterrando no olvido os que os precederon, pois a actualidade é caduca de seu. Por iso, ao cabo dalgúns anos, resulta acaído rescatarmos papeis vellos esquecidos para ver se resisten unha relectura e, tras sacudirlles o po e adobialos un chisco, poñelos de novo en circulación en formato de libro á procura do lector curioso. Con esta finalidade reunimos no presente tomo unha serie de artigos breves dados a coñecer en diversas publicacións galegas entre 1990 e 2000, aos que engadimos tan só dous inéditos de 2002 (?Valentín Paz-Andrade labra a súa imaxe? e ?Castelao, actor teatral?) e un deste mesmo ano: ?Avilés de Taramancos e Castelao?.Ao ver reunidos estes textos sobre escritores e intelectuais tan diversos de catro xeracións decatámonos de que parece fluír unha corrente subterránea que confire a necesaria unidade ao conxunto.As ideas forza que servirían de fío unificador do volume non serían outras que a memoria, o esquecemento e a terxiversación. Temos a impresión de que, cando escribimos estas páxinas efémeras, a nosa aspiración básica era a de camiñar, sen excesivos xogos malabares, polo arame tendido entre o rigor histórico e o compromiso coas memorias nacional e obreira.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Antón Capelán Rey
- ISBN13 9788484870579
- ISBN10 848487057X
- Pàgines 229
- Any Edició 2004
- Fecha de publicación 01/05/2004
- Idioma Gallec
- Col.lecció ENSAIO
- Alto 210 mm
- Ancho 140 mm
Ressenyes i valoracions
Diatribas manuelinas (Gallec)
- De
- Antón Capelán Rey
- |
- LAIOVENTO (2004)
- 9788484870579



