Detalls del llibre
Cincuenta anos despois da súa primeira chegada á illa, Xosé Neira Vilas volve a aqueles Días de Cuba desde a lembranza. Viaxaba entón na compaña de Anisia Miranda. Neste libro, que publica Editorial Galaxia, o autor de Memorias dun neno labrego evoca aquel "fervoroso tramo" da súa existencia. De 1961 a 1992, Xosé Neira Vilas reside en Cuba. Trinta e un anos vividos día a día, intensamente, procurando achegar o seu modesto gran de area ao erguemento dunha nova sociedade e á construción dun novo Estado, dúas empresas que nas circunstancias históricas e incluso xeográficas daquela illa só podían levarse a cabo con moito fervor e tenacidade. Nestas páxinas, as lembranzas cubanas artéllanse arredor de catro eixos. O primeiro destes eixos narrativos está dedicado aos diferentes labores profesionais desenvolvidos polo escritor; desde alfabetizador e xornalista a tradutor e sindicalista, de miliciano a alumno e mestre. O segundo ordena o relato destas lembranzas polas súas relacións de amizade con, entre outros, escritores coma Nicolás Guillén, Alejo Carpentier e Roberto Fernández Retamar. O terceiro foco artéllase a partir das "Cartas (máis ou menos intemporais) a Luís Seoane", mentres que o cuarto dá paso aos «Homes na Historia»: José Martí, Ernesto Che Guevara e Fidel Castro. Péchase o libro cos apartados de "agradecemento a Cuba" e cos discursos do escritor na Universidade da Habana e na de Santiago de Compostela, o primeiro con motivo do seu doutoramento Honoris Causa e este último no acto da súa condecoración coa medalla Alejo Carpentier da República de Cuba.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Xosé Neira Vilas
- ISBN13 9788498655230
- ISBN10 8498655234
- Pàgines 412
- Any Edició 2014
- Fecha de publicación 24/04/2014
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 135 mm
Ressenyes i valoracions
Dias de cuba (Gallec)
- De
- Xosé Neira Vilas
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2014)
- 9788498655230



