Detalls del llibre
A modo de diario, desde unha perspectiva vivencial, sen ningún tipo de aspiración pretensiosa, abordo os temas que máis me preocupan. O concepto de identidade, a poesía e a ética son os tres eixos sobre os que xiran estes textos, con distintas manifestacións dentro de cada unha das materias. No que atinxe á identidade, reflexiono sobre a galeguidade e a noción de nacionalismo desde un punto de vista ontolóxico, baseándome nas propias experiencias. Da ética, trato cuestións relacionadas coa educación na violencia, no culto ó feo e no inmediato, alicerces que fomentan a deturpación da paisaxe, a concepción do amor en parella ou polos nosos maiores, abandonados como electrodomésticos inservibles. Asemade reflexiono sobre o acaparamento de ideas nobres (o ben e o mal, o xusto e o inxusto, o lícito ou o prohibido) pola relixión e polos gobernos de calquera signo. Por último, a poesía, representación total da ética e da dignidade. Unha forma de coñecemento profundo. Como dixo Pessoa: comprender sentindo moito.
Llegir més - Autor/a DIANA VARELA PUÑAL
- ISBN13 9788484874430
- ISBN10 8484874435
- Pàgines 2
- Any Edició 2019
- Fecha de publicación 05/04/2019
- Idioma Gallec
Ressenyes i valoracions
Diario sen datas dunha aborixe galega (Gallec)
- De
- DIANA VARELA PUÑAL
- |
- LAIOVENTO (2019)
- 9788484874430



