Detalls del llibre
O mundo está cheo de problemas que necesitan solución. Ante este panorama, a innovación xoga un papel fundamental na sociedade actual, pero non é suficiente para construír un mundo mellor. É necesario que as solucións innovadoras aos nosos problemas sexan tamén sustentables e aceptadas polas persoas, ademais de que sexan factibles tecnoloxicamente e viables economicamente. Creamos este manual co obxectivo de contribuír a fomentar unha actitude favorable á innovación responsable entre estudantes e profesionais relacionados dunha maneira ou outra coa innovación, e tamén para inspirar ao profesorado na implantación de metodoloxías e instrumentos de aprendizaxe co obxectivo de fomentar o traballo en equipo, a innovación e a creatividade centrada nas persoas. Por que Design Thinking? Trátase dunha metodoloxía pensada para propor solucións innovadoras ante calquera tipo de problema tendo en conta os tres aspectos clave da innovación citados, é dicir, a aceptación social, e a viabilidade económica e técnica. Foi concibida para animar ás persoas a explorar alternativas e crear solucións que non existían antes. Ademais, céntrase nas necesidades das persoas, facilitando a comprensión da súa contorna e da súa cultura. Con este manual pretendemos demostrar que os problemas aos que se ten que enfrontar a sociedade actual son máis facilmente abordables con Design Thinking.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autors Manuel José Fernández Iglesias, Manuel Caeiro Rodríguez, Enrique Costa Montenegro, Íñi Cuiñas Gómez
- ISBN13 9788481588460
- ISBN10 8481588466
- Pàgines 181
- Any Edició 2020
- Fecha de publicación 27/05/2020
- Idioma Gallec
- Alto 240 mm
- Ancho 170 mm
Ressenyes i valoracions
Design Thinking. Guía de iniciación. (Gallec)
- De
- Manuel José Fernández Iglesias, Manuel Caeiro Rodríguez, Enrique Costa Montenegro, Íñi Cuiñas Gómez
- |
- UNIV. DE VIGO (2020)
- 9788481588460



