Detalls del llibre
Ao longo da historia, as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas preservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura. Queremos honrar todas esas mulleres que, durante séculos, compartiron os seus coñecementos de xeración en xeración, creando unha ponte entre o pasado e o presente mediante receitas nadas nos fogares, transmitidas de nais a fillas.Na década dos sesenta do século XX, foron as mulleres as que tomaron as rendas da gastronomía profesional xestionando mesóns, casas de comidas e restaurantes, intentando conciliar a vida familiar con interminables xornadas de traballo na hostalería.Fixérono desde un lugar discreto e, en moitas ocasións, sen o recoñecemento que merecían. Coa profesionalización do sector, a súa impagable contribución quedou no anonimato, relegada por unha sociedade que lles arrebatou un oficio que durante séculos fora seu."De nais a fillas. Receitas para non esquecer" busca rescatar esas historias de esforzo, de creatividade e de sacrificio, dándolles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron
Llegir més - Enquadernació Tapa dura
- ISBN13 9788419754899
- ISBN10 8419754897
- Pàgines 256
- Any Edició 2025
- Fecha de publicación 01/01/2025
Ressenyes i valoracions
DE NAIS A FILLAS RECEITAS PARA NON ESQUECER
- De
- |
- Hércules (2025)
- 9788419754899



