Detalls del llibre
Un tradutor recibe un manuscrito no que un descoñecido escritor en lingua inglesa narra o regreso ó porto de Bristol da goleta Hispaniola, cargada cun fabuloso tesouro. Tal viaxe de volta non fora tan breve como a describira Robert L. Stevenson no derradeiro capítulo dÆA Illa do Tesouro, pois unha violenta tormenta obrigou o navío a buscar refuxio nunha baía da galega Costa do Solpor. Un espía da Confraría da Man Morta, decatándose da importancia da carga do barco inglés, marcha á Coruña para dar aviso ó capitán dun bergantín pirata fondeado nese porto. Da abordaxe que sufrirá a goleta só se salvará o seu grumete, Jim Hawkins, que logra chegar á costa a nado. Os piratas perseguirano, pero o rapaz farase amigo dun mozo e unha moza galegos, o Chavián e Mariña, que tratarán de liberar a goleta asaltada e salvar os seus tripulantes dunha morte certa mediante un plan moi arriscado. Unha gran novela de aventuras ambientada no século XVIII na cidade da Coruña e na costa galega, que empeza onde remata A Illa do Tesouro. A homenaxe galega a grande obra stevensoniana.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Xosé Alvite Lema
- ISBN13 9788491212195
- ISBN10 8491212191
- Pàgines 440
- Any Edició 2017
- Fecha de publicación 11/05/2017
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 210 mm
- Peso 460 g
Ressenyes i valoracions
Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro (Gallec)
- De
- Xosé Alvite Lema
- |
- Edicións Xerais (2017)
- 9788491212195



