Detalls del llibre
Corazóns amolecidos en salitre é un conxunto de relatos salferidos por escuma mariña nos que realidade e ficción se mesturan para dar lugar a unha nova dimensión máis cruel e, á vez, máis entrañable. O mar como único protagonista encárgase de arrastrar onda os pés do lector botellas de vidro transparente que conteñen papeis engoumados por latexos de amor e odio, xenreira e devoción.Son historias enguedelladas na arañeira da paixón onde os personaxes loitan desesperadamente por dominar os sentimentos que os delatan en cada latexo, en cada pensamento. Todos ollan expectantes o océano pero el mantense alleo ás súplicas silenciosas co seu inmenso manto de vida e morte estendido cara á eternidade. Entón fican enmudecidos, co corazón vagabundo amolecido polo salitre, ese que zarrapica feridas nunca pechadas. E sobreviven, sobrevivimos, mergullados na salmoira amarga do inexplicable.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Rosa Aneiros Díaz
- ISBN13 9788484870104
- ISBN10 8484870103
- Pàgines 123
- Any Edició 2002
- Fecha de publicación 01/03/2002
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 140 mm
Ressenyes i valoracions
Corazóns amolecidos en salitre (Gallec)
- De
- Rosa Aneiros Díaz
- |
- LAIOVENTO (2002)
- 9788484870104



