Detalls del llibre
Este libro recolle as conversas que en Vilanova dos Infantes mantivo o xornalista Xosé Manuel del Caño con X. L. Méndez Ferrín sobre historia, literatura e nación. Méndez Ferrín é figura cimeira da cultura galega contemporánea: grande mestre do relato curto, renovador da novela, voz poética rupturista, rigoroso crítico e investigador literario, polémico articulista e infatigable militante da liberación política e social de Galicia. Nestas conversas vai debullando as liñas fundamentais sobre o seu pensamento sobre o pasado antigo e recente do territorio que comprende a vella Gallaecia, a nosa literatura, o panorama internacional e as posibilidades de apertura de novos camiños dentro dun horizonte de esperanza que comeza a agromar.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- ISBN13 9788497823906
- ISBN10 8497823907
- Pàgines 240
- Any Edició 2005
- Fecha de publicación 17/11/2005
- Idioma Gallec
- Alto 220 mm
- Ancho 146 mm
- Peso 370 g
Ressenyes i valoracions
Conversas con Méndez Ferrín (Gallec)
- De
- |
- Edicións Xerais (2005)
- 9788497823906



