Detalls del llibre
Pertence Darío Xohán Cabana á ?Grande Xeración? de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, J.Luis Calvo e Yago Rodríguez Yáñez recollen longas horas de conversas que mantiveron en Romeán cunha das figuras da literatura galega contemporánea que posuíndo múltiples vertentes acrisola cunha solidez e experiencia dificilmente igualables os achados clásicos coas novas tendencias. ?Vida e Literatura?, ?Poesía?, ?Narrativa? e ?Traducion? son algúns dos temas centrais abordados nunha obra que ofrece un acaído retrato humano, literario e político deste escritor de elegante apostura e de compromiso a ultranza coa lingua e cultura galegas e coa loita contra as desigualdes sociais. Unha ?Cronoloxía? e ?Bibliografía?, ademais dun apartado ?Fotobiográfico? completan un volume que constitúe unha formidable achega para un mellor coñecemento dun dos máis recentes membros da Academia Galega.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Calvo Trías
- ISBN13 9788497825382
- ISBN10 8497825381
- Pàgines 296
- Any Edició 2007
- Fecha de publicación 28/08/2007
- Idioma Gallec
- Alto 220 mm
- Ancho 145 mm
- Peso 440 g
Ressenyes i valoracions
Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita (Gallec)
- De
- Calvo Trías
- |
- Edicións Xerais (2007)
- 9788497825382



