Detalls del llibre
Contrabiografía non é unha biografía á contra. Máis ben é unha autobiografía inversa, unha velada chiscadela ao Everybody's Autobiography, de Gertrude Stein, onde se nos ensinou que a mellor maneira de falar dun mesmo é falar deles, dos outros, daquelas persoas e espazos contra os que nos recortamos coma unha sombra.Texto da estirpe dos híbridos, o motor de Contrabiografía é unha navegación río arriba, unha pescuda das orixes da memoria familiar que ?co pretexto de dar conta dunha vinganza, un asasinato, unha execución, unha historia real con trazas de traxedia grega? busca e recrea pontes, rías, pasadizos e viaxes de ida e volta, do golfo Ártabro a América, deste século aos séculos pasados, para, acaso sen pretendelo, descubrir que todo é estrañamente parecido ao que nos contaron.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Xabier López Mateos
- ISBN13 9788411761802
- ISBN10 8411761800
- Pàgines 220
- Any Edició 2024
- Fecha de publicación 01/01/2024
- Peso 340 g
Ressenyes i valoracions
CONTRABIOGRAFIA
- De
- Xabier López Mateos
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2024)
- 9788411761802



