Detalls del llibre
Este libro consta de oito contos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. " Unha chave non é suficiente " é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que " se duplica calquera chave, con ou sen mostra " . " O caso do unicornio azul " conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada. " Vanesa e o anuncio da televisión " conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión. " Un artista de neon " : un fabricante de rótulos luminosos teima en modificar o mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desastrosos. Un vampiro pode ser o empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato " O caso do estraño empregado " Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. Isto é o que se narra en " Ser superheroe non é doado " e " Noites de lúa chea " . " O libro das infinitas historias " , o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.
Llegir més - Autor/a Agustín Fernández Paz
- ISBN13 9788499146577
- ISBN10 8499146570
- Pàgines 152
- Any Edició 2014
- Fecha de publicación 01/03/2014
- Idioma Gallec
- Alto 135 mm
- Ancho 190 mm
- Peso 260 g
Ressenyes i valoracions
Contos por palabras (Gallec)
- De
- Agustín Fernández Paz
- |
- Edicións Xerais (2014)
- 9788499146577
6,65€
7,00€
-5%
No disponible





