Detalls del llibre
«Todo canto eu fixen se acha ateigado dun amor a Galiza que calquera poderá igualar, pero nunca superar.» A frase de Ramón Villar Ponte, igualmente aplicábel a seu irmán Antón, resume perfectamente o norte que guiou a intensa, continua e poliédrica actividade cívica, política, cultural, xornalística e literaria destes dous irmáns no sangue e na patria que idearon no seu día, «en parolas íntimas», as Irmandades da Fala. Desde a prensa, o folleto, a carta, o libro e a tribuna, os irmáns Villar Ponte resultaron decisivos na configuración dun tempo en que a lingua se fixo bandeira e Galiza comezou a se sentir nación plena á procura dos seus dereitos. Emilio Ínsua e Xurxo Martínez relatan esta singradura irmandiña botando man dunha inxente cantidade de documentos inéditos ou descoñecidos que permiten ofrecer un retrato complexo e axustado destes dous membros destacados da Xeración de 1916. Un esforzo de síntese ameno e rigoroso para dar conta dunha obra de magnitude e relevancia verdadeiramente xigantescas.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autors Xurxo Martínez González, Emilio Xosé Ínsua López
- ISBN13 9788491213048
- ISBN10 849121304X
- Pàgines 664
- Any Edició 2018
- Fecha de publicación 18/01/2018
- Idioma Gallec
- Alto 220 mm
- Ancho 220 mm
- Peso 870 g
Ressenyes i valoracions
Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte (Gallec)
- De
- Xurxo Martínez González, Emilio Xosé Ínsua López
- |
- Edicións Xerais (2018)
- 9788491213048



