Detalls del llibre
A xeoloxía é unha ciencia nova e pouco coñecida. Todo o mundo ten algúns coñecementos dos animais, das plantas, da arquitectura e das tradicións da súa contorna, pero poucas persoas se cuestionan como se orixinou o chan que pisan cada mañá, ou a paisaxe que ven cada día. Por iso, con este pequeno traballo tratamos de facer chegar aos afeccionados e ás afeccionadas os coñecementos actuais sobre a xeoloxía de Galicia dun xeito accesible, a un nivel divulgativo, pois existe un crecente interese en coñecer a apaixonante historia do planeta Terra, a súa evolución e a súa influencia na nosa vida diaria.
Llegir més - Autor/a Eduardo González Clavijo
- ISBN13 9788499954622
- ISBN10 8499954626
- Pàgines 80
- Any Edició 2025
- Fecha de publicación 28/05/2025
- Idioma Gallec
- Audiència General / Comerç
Ressenyes i valoracions
Como se formou esta paisaxe?. Xeoloxía de Galicia (Gallec)
- De
- Eduardo González Clavijo
- 9788499954622



