Detalls del llibre
O pintor Manuel Colmeiro (1901-1999) é unha figura cume do Movemento Renovador da Arte Galega, xunto con Maside, Torres, Souto, Laxeiro, Eiroa e Fernández Mazas. Tamén é un protagonista indiscutido da «École Espagnole de Paris», que agrupa creadores como Picasso, Dalí, Miró, Gris, Bores etc., cos que participou en numerosas mostras. Colmeiro non só contribuíu a un novo xeito de interpretar a «estética do granito», fundindo a tradición e a etnografía galegas coas linguaxes vangardistas europeas, senón que aportou unha nova maneira de entender a pintura-pintura, por riba da estrutura narrativa, sendo así un dos primeiros cultivadores da abstracción en España. O pintor estivo exiliado primeiro en Bos Aires e despois en París. As numerosas mostras individuais en prestixiosas galerías de arte e institucións españolas e francesas tiveron o seu colofón na antolóxica que lle dedicou o Museo Español de Arte Contemporáneo en Madrid en 1983, que marcou o seu retorno definitivo a España. Colmeiro por si mesmo acolle tres reveladoras conversas co artista, feitas a finais da década de 1980 por Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa. Nelas, Colmeiro descobre as claves da súa vida e da súa obra, ao tempo que define a natureza do seu compromiso político e da súa linguaxe creativa, tan galega e tan universal.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a José Manuel de Castro Pinto
- ISBN13 9788499148328
- ISBN10 8499148328
- Pàgines 176
- Fecha de publicación 08/05/2026
- Idioma Gallec
- Alto 240 mm
- Ancho 175 mm
- Peso 410 g
Ressenyes i valoracions
Colmeiro por si mesmo (Gallec)
- De
- José Manuel de Castro Pinto
- |
- Edicións Xerais (2026)
- 9788499148328



