Detalls del llibre
?Coa vista fixa nas puñetas dos maxistrados da sala terceira, tíveno claro: Sería un xuíz o protagonista. Non había dúbida. Cada un debía escribir do que mellor coñecía e eu tiña de ollo a media ducia de malditos xulgadores ata o punto de contar cun argumento case feito. Si, nada máis literario que esta xustiza nosa, e nada máis dado ó persoal, que é tanto como dicir tarabelo, vertoleiro. Con ese xuíz non se che ocorra vir sen gravata; con aquel nin se che pase pola cabeza dicir algo en galego; con ese outro tes que cortar a barba e o bigote; este fulano do social hache tocar as mans por se che pilla algún calo e pode así quitarche a invalidez, así que xa sabes, cliente: pedra pómez e talco ben fregados cinco días antes da vista. Por certo, con aquel outro case xubilado da maxistratura, sobre todo non poñer as mans no peto, que é tanto como ser condenados en costas... Como non me tiña eu decatado antes de que a rente desa alegoría de ollos vendados, calquera acomplexado pode sentirse o brazo executor dun alporizado Deus do Pentateuco, só porque un día, diante dun tribunal adurmiñado, recitou de memoria o censo enfitéutico que lle cadrou en sorte?.?Premio de Narración Curta? Ricardo Carvalho Calero.Ilustracións: Raimundo Patiño.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Xoán X. Piñeiro Cochón
- ISBN13 9788489896215
- ISBN10 8489896216
- Pàgines 78
- Any Edició 1998
- Fecha de publicación 01/04/1998
- Idioma Gallec
- Col.lecció NARRATIVA
- Alto 210 mm
- Ancho 140 mm
Ressenyes i valoracions
Coa Lei de costas (Gallec)
- De
- Xoán X. Piñeiro Cochón
- |
- Edicións Laiovento, S.L. (1998)
- 9788489896215



