Detalls del llibre
Esta é unha biografía de Castelao un pouco diferente das que estamos afeitos a ler, pois a autora tivo a brillante idea de pedirlles aos personaxes creados por Alfonso Daniel que a axudasen a contar algúns detalles da súa vida. Porque, no fin de contas, estes personaxes viviron moi de preto os pasos do grande escritor, debuxante, político e pensador de Rianxo. Así foi como Rañolas, Peito de Lobo, Pimpinela, o esquelete, Melchor e algún outro acudiron á chamada de Marilar Aleixandre. Pero estes personaxes ás veces non conseguiron poñerse de acordo, porque cadaquén tiña a súa particular idea de Castelao. Tras moito teimar, a autora logrou que lle contasen unhas poucas lembranzas que lle permitisen rematar o libro que tedes nas mans e acceder á vida dun Castelao do que nunca oirades falar deste xeito, a través dos personaxes creados por el. Seguro que despois desta lectura decidiredes acudir aos seus libros e saber máis del.
Llegir més - Autor/a Marilar Jiménez Aleixandre
- ISBN13 9788411763806
- ISBN10 8411763803
- Pàgines 114
- Any Edició 2025
- Fecha de publicación 20/02/2025
- Idioma Gallec
Ressenyes i valoracions
Castelao segundo Rañolas (Gallec)
- De
- Marilar Jiménez Aleixandre
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2025)
- 9788411763806



