Detalls del llibre
A estreita relación entre os dous correspondentes e o relevo que esta tivo nos anos denominados de resistencia cultural fan deste obra un testemuño fundamental para entender o período no que se alicerzou a recuperación da cultura galega. Nas cartas que durante máis de tres decenios cruzaron Ramón Piñeiro e Xosé Luís Franco Grande está presente o espertar da conciencia galega durante as décadas de 1950 e 1960. Trázase, de xeito nidio, o mapa que ha axudar o lector a se situar no miolo dos acontecementos que deron orixe a unha imaxe nova de Galicia. Estas cartas son testemuño dunha época na que se puxeron os alicerces indispensables para a Galicia do presente. A estreita relación persoal entre Ramón Piñeiro e Xosé Luís Franco Grande levounos a manter unha correspondencia constante que reflicte o pensamento de Piñeiro e, a través dela, pódese percibir un panorama do mundo da cultura galega daquela época. Estas cartas contribúen a poñer de manifesto o que foi a reconstrución da cultura galega despois da Guerra Civil.
Llegir més - Autors Ana Mª. Suárez Piñeiro, X. L. FRANCO GRANDE
- ISBN13 9788498652420
- ISBN10 8498652421
- Pàgines 252
- Any Edició 2009
- Fecha de publicación 13/11/2009
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 135 mm
Ressenyes i valoracions
Cando o futuro comezaba. Correspondencia 1955-1990 (Gallec)
- De
- Ana Mª. Suárez Piñeiro, X. L. FRANCO GRANDE
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2009)
- 9788498652420



