Detalls del llibre
José Costa é un escritor brasileiro que, de retorno dunha convención internacional de escritores anónimos celebrada en Estambul, chega unha noite a Budapest a causa dun problema técnico no avión. Alí queda cativado pola cidade e pola misteriosa lingua dos seus habitantes, ''a única lingua do mundo que o demo respecta''. A ilustración da cuberta é de MARC TAEGER José Costa é un escritor brasileiro que, de retorno dunha convención internacional de escritores anónimos celebrada en Estambul, chega unha noite a Budapest a causa dun problema técnico no avión. Alí queda cativado pola cidade e pola misteriosa lingua dos seus habitantes, «a única lingua do mundo que o demo respecta», segundo un proverbio maxiar. Unha lingua que o invitará a desexar ser outro e a mergullarse de cheo nunha cultura tan diferente á brasileira. De volta en Brasil, Costa decidirá deixar todo o que ten: a súa cidade e mesmo a súa familia, e volverá a Budapest para iniciar unha nova vida. Instálase na capital húngara coa enigmática Kriska, que lle ensinará o idioma e coa que terá unha relación sentimental. Ese ambiente novidoso, rodeado de palabras exóticas, provocará unha sucesión de acontecementos surrealistas e cheos de humor, ata o punto de que o protagonista desdobrará a súa personalidade, converténdose en Zsose Kósta. Ese intenso proceso de inmersión lingüística dá lugar a un relato literariamente denso, sobre o amor entre persoas de distintas culturas, que afonda nas raíces da identidade, máis fráxil e volátil do aparente. Chico Buarque presenta unha historia orixinal chea de musicalidade e referencias á sonoridade das palabras, con interesantes achegas sobre o proceso creativo do escritor e un sorprendente final. ?Budapest?, que gañou o Premio Jabuti, adaptouse tamén ao cinema. O seu autor está unido por lazos sentimentais a Hungría, ata o punto de que os nomes propios da novela -personaxes, rúas, restaurantes...- son os apelativos dos xogadores de fútbol -outra das súas paixóns- da selección húngara no ano 1954.
Llegir més - Autor/a Chico Buarque
- ISBN13 9788496957510
- ISBN10 8496957519
- Pàgines 162
- Any Edició 2008
- Fecha de publicación 04/11/2008
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 145 mm
- Peso 250 g
- Audiència General / Comerç
Ressenyes i valoracions
Budapest (Gallec)
- De
- Chico Buarque
- |
- Faktoría K de Libros (2008)
- 9788496957510



