Detalls del llibre
Xiana, a protagonista de ?Boas noites?, non ten tempo nin para pensar, moito menos para xogar ou para soñar. E se non dá pechado os ollos pola noite, Pedro Chosco non pode facer o seu traballo, que é acabar cos medos... Os áxiles diálogos desta peza, a orixinalidade na elección do tema, o estrés infantil, un argumento contemporáneo abordado seguindo a tradición fantástica, valéronlle a Paula Carballeira o primeiro premio Manuel María convocado polo IGAEM de Literatura Dramática Infantil do ano 2006. Guía Interactiva: Esta guía interactiva é un DVD co que se pode escoitar a música do espectáculo ?Boas noites? e no que ademais se pode acceder a unha serie de actividades orientadas a educadores, nais, pais e rapaces coas que se pode coñecer mellor os medos máis comúns da cultural tradicional galega.
Llegir més - Autor/a Paula Carballeira
- ISBN13 9788497827102
- ISBN10 8497827104
- Fecha de publicación 08/05/2026
Ressenyes i valoracions
Boas noites + DVD (Guía interactiva)
- De
- Paula Carballeira
- |
- Edicións Xerais (2026)
- 9788497827102



