Detalls del llibre
A dieta atlántica comprende o conxunto de hábitos alimentarios tradicionais das terras europeas ribeireñas do Atlántico, un gran número de países que, malia presentaren unha notable variedade alimentaria especificamente derivada da súa historia, estrutura social, clima, xeografía e cultura, posúen tamén características comúns no seu consumo e tradicións nutricionais. Esta obra, promovida e dirixida dende a Fundación Dieta Atlántica da USC, investiga, describe e establece as bases científicas da dieta para, dende o consenso na súa definición, achegar vías de desenvolvemento non só á comunidade científica senón a outros moitos axentes como produtores, distribuidores, nutricionistas, sector da gastronomía..., divulgando e poñendo en valor os innumerables beneficios para a saúde e a sostibilidade dunha alimentación baseada na excelencia dos froitos da terra e o mar e na milenaria sabedoria da súa preparación
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- ISBN13 9788417595975
- ISBN10 841759597X
- Pàgines 285
- Any Edició 2020
- Fecha de publicación 22/10/2020
- Idioma Castellà
- Alto 240 mm
- Ancho 170 mm
- Peso 1.000 g



