Detalls del llibre
Obra gañadora do V Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2012 N'A Illa do Tesouro, Jim Hawkins, o narrador, ou Stevenson, o autor, non dan moitos detalles sobre a vida de Long John Silver. Só temos algúns trazos: que navegou co histórico capitán England, ou que está casado cunha muller negra. Este é o xermolo de Bandeiras negras. Quen é esa misteriosa muller, onde coñeceu a Silver e como chegou a casar con el? Páxina a páxina, coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se converterá no mariñeiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas de máis sona: Bonnet, England... e Flint, o temible capitán do Walrus. Providence sabe cal é a vida á que está abocada dende o seu nacemento e será quen de rebelarse contra o seu destino. Non hai moitas oportunidades para as mulleres, e menos para as mulleres negras, no século XVIII. Pero as oportunidades, e a sorte, ás veces chegan andando sobre unha soa perna...
Llegir més - Autors ANA MARIA GALEGO GEN, Cristal Reza
- ISBN13 9788499950471
- ISBN10 8499950477
- Pàgines 104
- Any Edició 2012
- Fecha de publicación 01/01/2012
- Idioma Gallec
Ressenyes i valoracions
Bandeiras Negras (Gallec)
- De
- ANA MARIA GALEGO GEN, Cristal Reza
- 9788499950471



