Detalls del llibre
A aldea de Eled é unha faísca que, durante eóns, persiste rodeada de escuridade sen fin. Agora, un mal antigo e poderoso toma forma demasiado preto, e Minë, explorador, persegue o xeito de protexer o seu fogar. Para iso vai precisar astucia, valor e unha vontade irredutíbel.Roi goza dunha existencia apracíbel en Nova Nara, un hábitat artificial que orbita unha estrela afastada do Sol. Obsesionado coa literatura fantástica do século XX, coñece unha muller que vai remexer os alicerces da súa vida.Dúas historias entrelazadas que, ao despregárense, falan de con-viccións, de coraxe e de sacrificio, ao tempo que nos propoñen algunhas preguntas atemporais: cal é a orixe das nosas crenzas? Como de firmes son? Por que paga a pena loitar, e a que prezo?
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a ADRIAN PEREZ BOTE
- ISBN13 9788411763509
- ISBN10 8411763501
- Pàgines 304
- Any Edició 2024
- Fecha de publicación 01/01/2024
- Peso 460 g
Ressenyes i valoracions
BAIXO O CEO DE XEO
- De
- ADRIAN PEREZ BOTE
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2024)
- 9788411763509



