Detalls del llibre
Ao mosteiro de Albeos, situado entre as fortalezas de Melgaço en Portugal e a de Fornelos en Galicia, chega unha carta da raíña Xoana de Castela. A pequena comunidade de monxas vese sacudida por unha sentenza que, ao parecer, é xa inapelable e, escena a escena, vaise descubrindo a traxedia que estas monxas están a vivir. "As desterradas" adéntrase no enfrontamento desatado entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos galegos nos séculos XV e XVI. Unha historia de resistencia protagonizada por un pequeno grupo de monxas que mantiveron unha valente e desigual pelexa cos grandes poderes do seu tempo: a coroa e o papado. A peza recrea eses días finais no mosteiro de Albeos, dos que non chegou documentación a nós porque, como o Padre Colombás deixou dito, os documentos comprensiblemente escasean porque ninguén ten interese en conservar papeis ou pergameos embarazosos. Lonxe quedaba o tempo no que os abades de San Bieito de Valladolid se queixaban amargamente do apoio da curia romana ás monxas galegas: "cada hora nos dicen que nos han de destruir como los templarios, y aun por tales y peores nos tienen. Pues nuestro santísimo padre el Papa nunca nos llama sino herejes".
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Carme Soto Varela
- ISBN13 9788491219064
- ISBN10 8491219064
- Pàgines 112
- Any Edició 2021
- Fecha de publicación 10/06/2021
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 130 mm
- Peso 160 g
Ressenyes i valoracions
AS DESTERRADAS (Gallec)
- De
- Carme Soto Varela
- |
- Edicións Xerais (2021)
- 9788491219064



