Detalls del llibre
A vida de Zapata entre a colonia galega non debeu ser fácil. Nacionalista Galego e independentista, antifranquista e aliadófilo, a sua rexa personalidade tivo de aturar moitos sensabores e inxurias. "Poeta das sans rebeldías", chamoulle o estudoso Alberto Vilanova na biografía que lle dedicou na sua voluminosa obra Los gallegos en la Argentina. E de corazón e espírito rebelde foi Zapata, loitador desde ben mozo da causa da liberdade. Liberdade da súa patria asoballada para a que arelou días máis ventureiros traballando a prol da sua cultura, como socio protector do Seminário de Estudos Galegos, e da sua conciencia nacional na Agrupazón Nazonalista Pondal, formada nos anos vinte polos mozos emigrantes galegos que albiscaban unha Galiza independente e dona de si. E liberdade da humanidade aferrollada pola ameaza do nazismo e do fascismo, que o levou a cantar un Hino a Stalingrado e dedicar un poema á destrución de Gernika.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Miro Villar González
- ISBN13 9788484871576
- ISBN10 8484871576
- Pàgines 309
- Any Edició 2009
- Fecha de publicación 01/06/2009
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 140 mm
Ressenyes i valoracions
Antón Zapata García (Gallec)
biografía dun poeta emigrado ao servizo da II República
Llegir més - De
- Miro Villar González
- |
- LAIOVENTO (2009)
- 9788484871576



