Detalls del llibre
A vella dona María subiu un día ao monte e volveu cunha caixa na que gardara varios bechiños silvestres para que lle fixesen máis levadeira a súa soidade. Aconteceu daquela que unha veciña curiosa e algo lingoreteira quixo saber que había dentro. Dona María contoullo, mais a muller entendeu algo que nada tiña que ver coa realidade. A partir de aí, armouse en toda a vila unha tremenda confusión que chegou a alarmar as autoridades. Que habería de certo no misterioso recipiente da anciá? ?Animais de compañía? é un relato construído a partir dun xogo de palabras que amosa o moito que pode variar a percepción dos acontecementos ao iren pasando de boca en boca. Estes versos rimados e cheos de humor animan os lectores a xogar por si mesmos formando e deformando a linguaxe; unha proposta que nos remite á obra de clásicos como Lewis Carroll
Llegir més - Enquadernació Tapa dura
- Autor/a Manuel Lourenzo González
- ISBN13 9788484643296
- ISBN10 8484643298
- Pàgines 36
- Any Edició 2017
- Fecha de publicación 01/09/2017
- Idioma Gallec
- Alto 220 mm
- Ancho 220 mm
Ressenyes i valoracions
Animais de compañía (Gallec)
- De
- Manuel Lourenzo González
- |
- Kalandraka Editora (2017)
- 9788484643296



