Detalls del llibre
O historiador Uxío-Breogán Diéguez partiu dunha pormenorizada investigación sobre o material documental e bibliográfico existente para trazar este retrato histórico dun home de personalidade polémica e ata o de agora só parcialmente coñecida. O percorrido vital de Álvaro de las Casas (Ourense 1901-Barcelona 1950) é coñecido sobre todo pola súa estreita vinculación coas mocidades de Ultreya, organización xuvenil que foi un dos berces do galeguismo a comezos do século XX, e pola súa militancia polémica nas fileiras do partido galeguista, no que representou unha tendencia caracterizada por certo extremismo. Este traballo de Uxío-Breogán permite descubrir cuestións ata o de agora pouco estudadas, achegándonos a biografía do personaxe desde diferentes e novas perspectivas: a súa relación coa Casa Real en Madrid ou a etapa final, pero fundamental para completarmos o seu retrato, en Sudamérica.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autors Uxío Diéguez Cequiel, Breogán
- ISBN13 9788482886336
- ISBN10 8482886339
- Pàgines 256
- Any Edició 2003
- Fecha de publicación 01/11/2003
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 134 mm
Ressenyes i valoracions
Alvaro de las casas. Biografia e documentos (Gallec)
- De
- Uxío Diéguez Cequiel, Breogán
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2003)
- 9788482886336



