Detalls del llibre
Unha realidade próxima, afincada nas paisaxes, anécdotas e tipos humanos da cultura tradicional. Un universo popular que alenta na memoria e na xeografía dos afectos. Un mundo vizoso, próximo e así e todo distante. Case descoñecido. Lobeira é o espazo narrativo de Xavier Senín, territorio máxico onde se desenvolve a meirande parte destas historias. A do alfaiate que vén das terras tramontanas de Portugal rodeado de misterio e que co mesmo misterio desaparece. A do cobrador da luz que percorre de a cabalo as parroquias e a do sancristán que dá concertos de campás e arroutadas de sineta no momento da consagración. A do organista que toca "Yesterday" na misa do Corpus. Un territorio no que fumega a cunca de chocolate das señoritas da vila. Onde perdura o recendo inesquecible do pan quente no forno e a onde seguen a chegar as cartas dos emigrados. Un mundo que está próximo, moito máis do que parece, e que asemade foxe de nós coma unha presada de auga entre os dedos.
Llegir més - Autor/a Francisco Xavier Senin Fernandez
- ISBN13 9788498657326
- ISBN10 8498657326
- Pàgines 204
- Any Edició 2016
- Fecha de publicación 14/10/2016
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 135 mm
Ressenyes i valoracions
Alfaiate portugues, o (Gallec)
- De
- Francisco Xavier Senin Fernandez
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2016)
- 9788498657326



