Detalls del llibre
O presente Estudo Cultural explica a visión dos emigrados galegos a hispanoamérica sobre a discutida orixe galega de Cristóbal Colón. Esta tese culta é un contido cultural orixinal do pontevedrés Celso García de la Riega, Colón Español. Su origen y patria (1914). Contido que traspasa o Atlántico, asimílase e repercute nese territorio onde se transforma nun movemento cultural e patriótico hemisférico a favor de España na primeira metade do século XX. A metodoloxía é transversal, plural, interdisciplinar con perspectiva de xénero. Analízanse os discursos da tese galega nas obras das mulleres e homes divulgadores nos libros, xornais, revistas e edicións facsimilares dos galegos emigrados de alén mar. As conclusións revelan a visión sobre a intensa apropiación deste contido que se converte nun feito cultural que a partir deste estudo fai unha viraxe cara a Galicia.
Llegir més - Autor/a Isabel Elena Peleteiro Vázquez
- ISBN13 9788418795985
- ISBN10 8418795980
- Pàgines 276
- Any Edició 2022
- Fecha de publicación 27/01/2022
- Idioma Gallec
- Audiència General / Comerç
Ressenyes i valoracions
A visión da Galicia emigrada a Hispanoamérica en torno á discutida orixe galega de Cristóbal Colón (Gallec)
- De
- Isabel Elena Peleteiro Vázquez
- 9788418795985



