Detalls del llibre
A transformación feminina da realidade ofrece unha novidosa visión sobre da literatura galega centrada na imaxe da muller. En virtude de catro imaxinarías concretas, a da muller heroína, a da santificada, a da muller mariña en contraposición coa da virxinal doncela, a da reitora e a da muller libre, neste volume compílanse unha serie de estudos centrados en catro destinos altamente elocuentes: en primeiro lugar María Pita, protagonista dunha peza literaria galega do Barroco até o momento nunca analizada, a seguir Rosalía de Castro, de quen se achegan datos inéditos sobre da súa biografía, en concreto a respecto da súa realidade familiar e a casa en que morreu (a simbólica Casa d'a Matanza de Iria), así como achegándose á súa relación co senador lucense Quiroga y Gómez de Orbán, bisavó de Fole. En terceiro termo aténdese á relevancia da serea do mar de Arousa, agora contraposta á da doncela do océano galego que aínda se sente nas lendas de tradición oral de Terra de Viveiro. Tamén se analiza a dimensión literaria da exraíña Isabel II, protagonista dun himno galego da autoría de Turnes, e finalmente profúndase no igualamento xenérico operado através da fértil lírica medieval galega. Todas elas, visións polas que se efectúa un diálogo capaz de unificar dimensión e proxecto artísticos, en concreto literario, cunha vontade didáctica en redor dun feito até hoxe esquecido e/ou ignorado, amparándose e deitando datos, así como tamén por medio dunha metodoloxía, que contribúan a unha análise moito máis rigorosa e expresiva, integral e integradora, ao chou do papel literario que a figura da muller resumiu nas letras galegas.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Xulio Fernández Pardo de Neyra
- ISBN13 9788481588521
- ISBN10 8481588520
- Pàgines 112
- Any Edició 2020
- Fecha de publicación 25/09/2020
- Idioma Gallec
- Alto 240 mm
- Ancho 17 mm
Ressenyes i valoracions
A transformación feminina da realidade (Gallec)
Unha cuestión de (des)memoria
Llegir més - De
- Xulio Fernández Pardo de Neyra
- |
- UNIV. DE VIGO (2020)
- 9788481588521



