Detalls del llibre
A rota do sol. Unha mirada no que pasa trata do estado da cues- tión nacional galega e do mundo neste tempo de crise política e económica-financeira. Nun momento en que se agudiza o propósito de configurar o Estado español como nación única e España como nación exclusiva, no relato saliéntanse a personalidade histórica diferenciada de Galiza, a condición do galego como lingua propria, nacional e universal e a capacidade social e económica propria para sustentar o pleno autogoberno, tendo que enfrontarse ao grave problema migratorio e demográfico herdado. A nova situación internacional é contemplada desde a perspectiva obrigada dos acontecementos de 1989, no ano da caída do Muro de Berlín e o Consenso de Wáshington sobre o capitalismo neoliberal e o fundamentalismo de mercado, co declinio das potencias da Guerra Fría, a emerxencia de novos Estados como salientes actores mundiais, a permanencia das desigualdades no planeta e a existencia de pobos que aínda loitan contra o horror do apartheid, a opresión nacional e a negación dos dereitos humanos. Neste contexto o traballo razoa sobre o carácter da Unión Europea, considerando os efectos da crise e o recoñecemento de nacións sen Estado. Por fin aprécianse as relacións de Galiza con Portugal e O Brasil
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a CAMILO NOGUEIRA ROMAN
- ISBN13 9788484872207
- ISBN10 8484872203
- Pàgines 158
- Any Edició 2012
- Fecha de publicación 01/01/2012
- Idioma Gallec
- Col.lecció COLECCION XERAL
- Ancho 140 mm
- Peso 370 g
Ressenyes i valoracions
A ROTA DO SOL. UNHA MIRADA NO QUE PASA (Gallec)
Unha mirada que non pasa
Llegir més - De
- CAMILO NOGUEIRA ROMAN
- |
- LAIOVENTO (2012)
- 9788484872207



