Detalls del llibre
O presente libro recolle longos anos de creación aforística. O seu autor xa se estreara, no mesmo xénero, con Irispaxaros / Arca Cotiá, en 1984, así como coa carpeta de artista Irispaxaros, unha edición reducida e numerada de aforismos e gravados realizada sobre papel arches e acetato transparente en colaboración co artista Manuel Facal.O aforismo é unha iluminación. Un pequeno cruxol. Un bisturí verbal. Unha vaga secreción dese licor descoñecido que a todos, maxicamente, nos vai caendo da maleta do destino ou da mesa braseiro da vida.Como é posíbel que, nun tempo tan vertixinoso como o presente, non estea máis difundido un xénero tan áxil, que aspira á expresión das cousas dunha maneira sintética e rápida?Goethe comentaba:?Qué froito, o máis pequeno espazo se é coidado con tacto.?E Lao Tsé:?Intenta o difícil no fácil. Realiza o grande no miúdo.?Porque talvez todo o que é exacto é curto. Como o soño do aforismo. Ou o da vida.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/s Seoane, Xavier
- ISBN13 9788484871712
- ISBN10 8484871711
- Pàgines 105
- Any Edició 2009
- Idioma Gallec
Ressenyes i valoracions
A rocha imantada (Gallec)
- De
- Xavier Seoane
- |
- LAIOVENTO (2009)
- 9788484871712



