Detalls del llibre
A morte do meu pai. Unha historia, un mar de sentimentos, un relato persoal que se fai, ao mesmo tempo, universal ao vernos reflectidos nos episodios, nas reflexións, nas arelas e nas angustias, medo e dor, pero tamén esperanza, calma e resignación... E retranca. E anacos de historia persoal que transcenden e se converten en leccións de vida que nos explican o pasado (a proclamación da República, a Guerra Civil como soldado e as relacións humanas). Vida e morte mesturadas, collidas da man nun hospital. Literatura con maiúsculas, con emocións que se engolen ou atragoan e verbas que chegan ao corazón como brasas quentes e atrapan os nosos pensamentos como meigallos. Os seus efectos non esmorecen cando remata a súa lectura. Calquera sopro pode avivecer as palabras. A morte de meu pai: un libro que as lectoras e lectores farán seu, como se fosen o narrador ou o protagonista.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Afonso Eiré López
- ISBN13 9788494650260
- ISBN10 8494650262
- Pàgines 160
- Fecha de publicación 08/05/2026
- Idioma Gallec
- Alto 240 mm
- Ancho 165 mm
- Peso 500 g
Ressenyes i valoracions
A morte do meu pai (Gallec)
- De
- Afonso Eiré López
- |
- Hércules (2026)
- 9788494650260



