Detalls del llibre
Nos últimos anos constátase un incremento das narracións que se centran no devir dos personaxes e, sobre todo, das personaxes, fronte a outro tipo de tramas. Dentro das propiedades das que emerxen as protagonistas ten especial relevancia a de xénero. Ser rexistradas como personaxes mulleres activa outros trazos satélites que as dotan dun atractivo especial para a arte.A marxinación, a anomalía, a cuantificación do corpo, pero tamén a loita, é dicir, a construción dunha identidade en conflito, abren un espazo para o insólito e permiten un percorrido argumental complexo. Mais tamén nos enfrontan a unha dupla condición ontolóxica: ser muller, como ser personaxe de ficción, é ser algo, un obxecto que emerxe dunha serie de inscricións e que forma parte da realidade, aínda que as inscricións sexan sociais. De feito, a abundancia de protagonistas femininas que se dedican ao traballo artístico emparella a emerxencia das mulleres e das personaxes, xa que as dúas son obxectos sociais, non naturais, sen que isto supoña que non teñan a mesma dignidade na súa existencia. Deste xeito, desde o punto de vista da ontoloxía da arte e do novo realismo analízanse os tipos de obxectos ficcionais femininos que aparecen na narrativa galega do século XXI e as inscricións das que xorden, desde a convicción de que as personaxes, tamén os personaxes, existen.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Valentín Martínez-Otero Pérez
- ISBN13 9788411101714
- ISBN10 8411101711
- Pàgines 152
- Any Edició 2022
- Fecha de publicación 08/09/2022
- Idioma Gallec
- Alto 240 mm
- Ancho 170 mm
- Peso 320 g
Ressenyes i valoracions
A materialidade das fillas de Lupa (Gallec)
Obxectos ficcionais femininos na narrativa galega
Llegir més - De
- Valentín Martínez-Otero Pérez
- |
- Edicións Xerais (2022)
- 9788411101714



