Close App de Bookish

App de BookishLlegeix més i millor

Descarregar
Google 4.5
★★★★★
Google reviews
A LIMIA BAIXA
A LIMIA BAIXA

Detalls del llibre

Nesta monografía de natureza sociolingüística tracéxase, a través da mocidade da Limia Baixa, a situación actual da súa lingua mais as actitudes e prexuízos que afloran nesta comunidade.A Limia Baixa é unha área situada ao suroeste da provincia de Ourense que linda con Portugal polo sur e polo oeste. O seu galego presenta unha situación particular, xa que existe un panorama lingüístico dominado polo monolingüismo na súa variedade dialectal baixolimega en todos os ámbitos e niveis da vida. O contacto co galego estándar, co español e co portugués inflúe na existencia, mantemento ou retroceso dos seus trazos dialectais e, por suposto, nas actitudes que os falantes teñen debido a esta situación.A través dos mozos e mozas baixolimegas investígase a posición do galego, o compromiso coa súa lingua no presente e no futuro e tamén a presenza e defensa da súa variedade dialectal. Amais, afóndase nas actitudes cara á súa propia variedade dialectal a través dos dous fenómenos máis representativos do seu galego: a gheada mais o mantemento de sibilantes sonoras.Manexar datos moi actuais e de períodos diferentes permite avaliar tanto os comportamentos lingüísticos antes, durante e despois da pandemia de Covid 19, coma as repercusións que esta tivo en relación á lingua galega entre a propia mocidade baixolimega no eido das TIC: as redes sociais, as videoconferencias e a mensaxería instantánea como o WhatsApp.Deste xeito, obtense unha radiografía actual da realidade sociolingüística dos/as limiaos/ás mozos/as, que permite enxergar o futuro do galego nesta área con optimismo.
Llegir més

  • Enquadernació Butxaca
  • Autor/a Abdiel Rodríguez Reyes
  • ISBN13 9788411880251
  • ISBN10 8411880257
  • Pàgines 135
  • Any Edició 2024
  • Fecha de publicación 01/01/2024
Llegir més

Ressenyes i valoracions

Sigues la primera persona a valorar-lo!

Has llegit A LIMIA BAIXA?

A LIMIA BAIXA

A LIMIA BAIXA

Onde o mundo se chama en galego
Llegir més
9,50€ 10,00€ -5%
No disponible
9,50€ 10,00€ -5%
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolució gratuïta Info
Gràcies per comprar a llibreries reals! Gràcies per comprar a llibreries reals!

Més llibres de Abdiel Rodríguez Reyes

Promocions exclusives, descomptes i novetats al nostre butlletí

Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?

Whatsapp