Detalls del llibre
Esta obra procura abordar a existencia no seu devir histórico da irrelixiosidade, como fenómeno consistente na ausencia de relixión e a súa innecesariedade ou irrelevancia para arrostrar os avatares da vida humana.O obxecto analizado en canto mero opúsculo contrasta coa profusa dedicación dos estudosos en xeral á historia das relixións de toda índole cun ámbito realmente amplísimo de atención, xa que se abarca non só as do orbe occidental, máis tradicionais ou notorias, como as denominadas do Libro por estaren sustentadas en textos cualificados polos seus turiferarios de sagrados, casos da hebrea, a cristiá e a musulmá, senón tamén infinidade de relixións do ámbito oriental, de amplísimo seguimento e con maior ou menor ensulla, fondura e atractivo: budismo, taoísmo, hinduísmo e outras moitas de cita imposible, por innúmeras.Esta profusa análise histórica operada sobre o conxunto das relixións, con especial atención á que máis nos atinxe ?polas súas implicacións e dependencia?, a cristiá católica, non está exenta de parcialidade e dunha falta manifesta de espírito crítico ?agás escasísimas excepcións?, malia que iso, en realidade, resulte alleo ao noso cometido, que apunta precisamente a detectar a presenza histórica da irrelixiosidade como actitude contraria á das relixións estudadas
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Flavio López López
- ISBN13 9788484875994
- ISBN10 8484875997
- Pàgines 244
- Any Edició 2022
- Fecha de publicación 01/08/2022
- Idioma Gallec
- Col.lecció ENSAIO
- Alto 210 mm
- Ancho 140 mm
- Peso 350 g
Ressenyes i valoracions
A irrelixiosidade en Occidente: a súa historia e vicisitudes (Gallec)
- De
- Flavio López López
- |
- LAIOVENTO (2022)
- 9788484875994



