Detalls del llibre
A Galicia deseñada é un percurso único pola historia e cultura do deseño galego, narrado a través dunha selección de cen símbolos, marcas e identidades gráficas que axudan a entender como evolucionou o noso patrimonio visual. Esta obra nace coa vontade de contribuír á creación dunha historiografía do deseño galego e de ofrecer un catálogo de referencia para a divulgación, consulta e inspiración para as deseñadoras e deseñadores do presente e do futuro. Organizada en cinco períodos históricos ?dos antecedentes á contemporaneidade?, a publicación non só traza unha secuencia narrativa coherente, senón que tamén busca establecer pontes entre épocas, interpretando a historia como un relato colectivo. O volume, de 700 páxinas, divídese en tres partes: unha primeira, con textos que exploran a nosa memoria gráfica no contexto dos grandes movementos globais, unha segunda, que presenta cen marcas acompañadas de explicacións contextuais, e unha terceira, de 250 páxinas, que reúne fotografías de aplicacións gráficas en soportes tan diversos como carteis, libros ou obxectos. A Galicia deseñada é, en último termo, unha invitación a tomar conciencia do noso patrimonio gráfico e a celebrar o deseño como unha ferramenta esencial ao servizo da sociedade.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- ISBN13 9788497498623
- ISBN10 8497498623
- Pàgines 699
- Any Edició 2024
Ressenyes i valoracions
A GALICIA DESEÑADA
Símbolos, marcas e identidades gráficas
Llegir més - De
- |
- Universidade da Coruña (2024)
- 9788497498623



