Detalls del llibre
O detective Frank Soutelo, acompañado do estricado funerario Sugar Jones, regresa a Galicia a petición da investigadora Dalia Maxino, que recibe o insólito encargo de atopar a mítica espada de Santiago, agachada durante séculos, e seica torada en sete anacos a comezos do século XIX, para impedir que a roubasen os napoleónicos. Seica a queren para os fastos do próximo Xacobeo. Aos poucos, o profesor da manda desaparece misteriosamente, e resultará que a valiosa espada interesa tamén a xentes sen escrúpulos e fins sinistros, mentres asoman os cadáveres. O sarxento da municipal, Franeiras, e o antigo garda civil Poncio, sumaranse ao desafío coa eficacia acostumada. Ao tempo que Frank pecha un segredo familiar oculto durante anos, enrédase nunha conxura argallada desde o poder das elites na sombra, mentres a Policía non semella moi conforme coas súas pescudas.Miguel Anxo Fernández confirma a Frank Soutelo como o sabuxo sen par no panorama literario galego.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a MIGUEL ANXO FERNANDEZ
- ISBN13 9788491519515
- ISBN10 8491519513
- Pàgines 272
- Any Edició 2022
- Fecha de publicación 25/10/2022
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 135 mm
- Peso 330 g
Ressenyes i valoracions
A conxura do sete (Gallec)
- De
- MIGUEL ANXO FERNANDEZ
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2022)
- 9788491519515



