Detalls del llibre
Este libro analiza con detalle a situación a que se chegou co desastre do novo hospital de Vigo e sitúa este relato no contexto galego, estatal e internacional. Os seus autores son persoas con gran compromiso social e recoñecidos coñecementos e experiencia sobre o tema. Tamén aportan e propoñen alternativas para dar saída á problemática creada con este proxecto cheo de irregularidades. É un libro excelente que nos incita a todos a seguir loitando e traballando polo dereito á saúde e para que os intereses da poboación prevalezan sobre os das multinacionais, dos es¬peculadores e das tramas que queren facer negocio e lucrarse de forma indecente a expensas dos orzamentos públicos, mesmo poñendo en risco a continuidade do actual sistema sanitario. Marciano Sánchez-Bayle Os recortes e as medidas destinadas ao desmantelamento e privatización da Sanidade pública foron a norma nos catro anos de mandato do PP. Só se moderaron, en parte, polo amplo rexeitamento social e profesional que se produciu case desde o primeiro momento. Durante estes anos producíronse as maiores mobilizacións coñecidas en defensa da Sanidade pública estendidas por toda a xeografía do país. Manuel Martín García Non todo está perdido: as plataformas de defensa da sanidade pública te¬ñen conseguido grandes éxitos. Mais o único que pode salvar os dereitos conseguidos e restaurar o Estado de benestar é un goberno de progreso que defenda a sanidade e os servizos públicos e que procure desligarnos de calquera tratado internacional antidemocrático (TTIP/TISA ou similar). María Luísa Lores Aguín
Llegir més - Autors Marciano Sánchez Bayle, José Manuel García Martín, María Luísa Lores Aguín
- ISBN13 9788484873167
- ISBN10 8484873161
- Pàgines 6
- Any Edició 2016
- Fecha de publicación 02/05/2016
- Idioma Gallec
- Audiència General / Comerç
- Rang Edat d'interès, anys Des de 15
Ressenyes i valoracions
A comercialización da saúde (Gallec)
- De
- Marciano Sánchez Bayle, José Manuel García Martín, María Luísa Lores Aguín
- |
- LAIOVENTO (2016)
- 9788484873167



