Detalls del llibre
Malia a aparente falla de texto, este libro ten infinitascapas de lectura. En primeiro lugar, os troquelados e lapelas que conforman a súaaparencia, obra mestra do enxeñeiro papirofléxico Tor Lokvig. Tardarás anos endescubrir cada pequeno detalle que autor e enxeñeiro argallaron para a lectura. Ensegundo lugar a relación entre os dous ratos e o gato, presentes en cada páxina, a modode xogo permanente de busca e captura. En terceiro lugar, a linguaxe visual dasilustracións cóntanos moitas máis historias ocultas, como a chegada progresiva dosalieníxenas, a relación entre as criaturas que habitan na casa, e todas as referenciasliterarias no eido do terror clásico universal. É un libro cun final triste (depende paraquen), que reta a perniciosa tendencia actual do positivismo permanente e asobreprotecció n da infancia. Unha reflexión necesaria e actual que nos berra desde oano 1979, ano da súa primeira publicación, a necesidade de tratar temas fundamentaisna literatura infantil, como o medo ou a cadea alimentaria, por moito que nos gusten osratiños protagonistas. Cómpre reparar na intervención na tradución da tradutora LauraSáez que ante a neutralidade do inglés no termo ?Doctor? opta por empregar a formafeminina ?doutora?, normalizando profesións e actitudes desde unha posiciónintervencionista na tradución pero non moralista no contido.
Llegir més - Enquadernació Tapa dura
- Autor/a JAN PIENKOWSKI
- ISBN13 9788493935085
- ISBN10 8493935085
- Pàgines 12
- Any Edició 1980
- Fecha de publicación 01/01/1980
- Idioma Castellà
- Alto 300 mm
- Ancho 200 mm
Ressenyes i valoracions
A CASA ENMEIGADA (Castellà)
- De
- JAN PIENKOWSKI
- 9788493935085



