Detalls del llibre
A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo». A súa mensaxe ecoa aínda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crítica en profundidade ás estruturas coloniais e racistas, ás «ferramentas do amo».Galicia en xeral e a literatura galega en particular ocupan un interesante lugar gonzo, dado que por unha banda se sitúan nunha posición non hexemónica a certos niveis, mais non deixan de ser unha nación e un sistema literario formulados dende as bases da branquitude e a continuidade colonial.É tempo de analizar a nosa casa coma a casa do amo e revisar as nosas complicidades coloniais. Este volume ofrece unha panorámica sobre as teorías decoloniais e antirracistas que se usan aquí para deitar unha ollada crítica a diversos textos que, lonxe de pretender constituírse en catálogo, buscan interpelarnos para transformar os alicerces da casa de xeito que absolutamente todas as persoas teñamos acubillo nela.
Llegir més - ISBN13 9788411104722
- ISBN10 8411104729
- Any Edició 2024
- Fecha de publicación 07/03/2024
- Peso 1.000 g
Ressenyes i valoracions
A CASA DO AMO
Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega
Llegir més - De
- |
- Edicións Xerais (2024)
- 9788411104722



