Detalls del llibre
Este libro propón a lectura en soporte papel e en pantallas dixitais. Editado para soporte papel con estrutura de Álbum Ilustrado, e editado para pantallas dixitais con estrutura de Álbum Ilustrado Dixital, ofrece ao lector a posibilidade de contrastar e comprender a lectura en cada un dos dous soportes. Comprender que os medios tecnolóxicos se poden usar para facer un exercicio de lectura que reporta historias ricas en valores, é de especial importancia para que o lector asuma que non se pode establecer unha dicotomía entre o soporte físico eo soporte dixital.Editado como Álbum Ilustrado en soporte papel, en 48 páxinas, e editado como Álbum Ilustrado Dixital para pantallas (tabletas, teléfonos, computadores), en 99 páxinas ou pantallas, narra a mesma historia co mesmo número de palabras, adecuado para a idade do lector para o que está dirixido.Recensión do libro reducidaTres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida?
Llegir més - Enquadernació Tapa dura
- Autor/a Tina Meroto
- ISBN13 9788498716276
- ISBN10 8498716276
- Pàgines 48
- Any Edició 2021
- Fecha de publicación 01/02/2021
- Idioma Gallec
- Alto 230 mm
- Ancho 250 mm
- Peso 540 g
Ressenyes i valoracions
A BRUXA REGAÑADENTES Y AID (Gallec)
- De
- Tina Meroto
- |
- OQO Editora (2021)
- 9788498716276



