Detalles del libro
No prólogo da reedición de La fuerza pública en la Universidad deSantiago y otros escritos escolares (1930-1933) (1987), Ricardo Carvalho Calero manifestou que había que proxectar a atención sobre a historiografía da época enfrontando con método obxectivo as fontes documentais e as testemuñas presenciais. Iso fi xo a autora deste volume cando preparou a primeira edición deste libro, que obtivo o Premio Ánxel Fole en 1992. Ao material documental e gráfico proporcionado pola súa compañeira de vida Mª Ignacia Ramos Díez, totalmente inédito na altura,engadíronse valiosos testemuños de compañeiros e compañeiras que ocoñeceron e trataron. A esas fontes uniuse a investigación da autora ea consulta exhaustiva de fontes hemerográficas para construír o espazobiográfico carvalhiano que abranxe de 1910 a 1941, un período crucialna súa formación e na súa vida, coa ditadura de Primo de Rivera, aRepública e a guerra (in)civil como pano de fondo; un período que sedesenvolve en tres capítulos centrados na infancia e adolescencia noseu Ferrol natal, o primeiro; en Compostela e Ferrol, o segundo; e enMadrid, Valencia, Andalucía e Ferrol, o terceiro.As formulacións galeguistas, a escrita, a metodoloxía da obra investigadora, o polifacetismo enciclopédico, a actividade cultural do ferrolán teñen a súa orixe no tempo que antecede ao período bélico, etapa que conformou Foula o ronsel. Os anos que marcaron a biografía deRicardo Carvalho Calero (1910-1941).
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/a Aurora Marco Rodríguez
- ISBN13 9788484874706
- ISBN10 8484874702
- Páginas 206
- Año de Edición 2020
- Fecha de publicación 02/05/2020
- Idioma Gallego
- Colección ENSAIO
- Alto 210 mm
- Ancho 140 mm
Reseñas y valoraciones
Foula e ronsel (Gallego)
Os anos que marcaron a biografía de Carvalho Calero (1910-1941)
Leer más - De
- Aurora Marco Rodríguez
- |
- LAIOVENTO (2020)
- 9788484874706



