Detalles del libro
Nun mesmo día Rafa Meruelo coñecerá dúas noticias inesperadas que mudarán o transcurso da súa vida: atopará un traballo como responsable dunha estación de transferencia e reciclaxe de lixo e será abandonado por Andrea, a súa moza, que gañou unha praza de profesora de Historia da Arte na Universidade de Boston. O reencontro con Carme, unha compañeira da facultade e unha avaría fortuíta nunha das tobeiras da planta onde traballaba, que lle permitirá atopar un estraño mazo de cartas, darán pé ao desenvolvemento dunha investigación que levará a Rafa e ao inspector Melle á seguir as pegadas dunha muller descoñecida. Así arrinca o argumento de Carmín, unha magnífica novela de intriga coa que Domingo Tabuyo debuta na narrativa galega. Ambientada na vila de Cambados e dotada dun poderoso alento narrativo, a investigación acometida por Rafa Meruelo e o inspector Melle na procura dunha muller descoñecida engaiola ao lector ata o seu sorprendente remate.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- ISBN13 9788483028575
- ISBN10 8483028573
- Páginas 216
- Año de Edición 2002
- Fecha de publicación 25/09/2002
- Idioma Gallego
- Alto 210 mm
- Ancho 130 mm
- Peso 230 g
Reseñas y valoraciones
Carmín (Gallego)
- De
- |
- Edicións Xerais (2002)
- 9788483028575



