Book Details
Este libro convoca a unha odisea librepensadora, a unha ecoloxía da liberdade, que ten como porto de partida a Galicia de hoxe, entendida como un local universal, o país portátil, unha identidade sen paredes. Os Grouchos son un urdido de literatura e heterodoxia. Unha denuncia contra os vellos e novos muros de silencio, mais tamén unha viaxe á procura das ?faíscas da esperanza? das que falou Walter Benjamín. Manuel O¿Rivas reivindica, na modernidade, a ollada do ?home rebelde? de Camus. E na tradición lendaria, o espírito dos trasnos ?meniñeiros?, os seres invisíbeis que transmiten a herdanza do saber rir. O resultado é un libro que morde contra a estupidez, como pedía Kafka, e que abre os cadeados coa chave do humor. Ler Os Grouchos? O autor cita un proverbio popular: ?Quen lle teña medo ao mar que non embarque!?
Read more - Binding Paperback
- Author Manuel Rivas
- ISBN13 9788497828505
- ISBN10 849782850X
- Pages 296
- Published 2008
- Fecha de publicación 25/06/2008
- Language Galician
- Alto 220 mm
- Ancho 220 mm
- Peso 440 g
Reviews and ratings
Os Grouchos (Galician)
- By
- Manuel Rivas
- |
- Edicións Xerais (2008)
- 9788497828505



