Book Details
Isolda ten un libro de viaxes; Hipatia, un telescopio; Borboronte, unha tartaruga (aínda que as tartarugas non se teñen, só están contigo) e Lustucrú, unha pata de pau. Os catro viven do refugallo, co que ninguén quere. Os catro xogan xuntos a crear un mundo novo a partir do mundo vello e roto da súa contorna, porque son nenas e nenos, e saben ver as cousas doutra maneira. O refugallo trata sobre a capacidade de fabulación que nos fai transformar a realidade, recreala e reinventala, coma o mesmo teatro, que lle dá vida a obxectos e personaxes que ata o momento da representación non existían para o público.
Read more - Binding Hard cover
- Author Paula Carballeira
- ISBN13 9788499145730
- ISBN10 8499145736
- Pages 80
- Fecha de publicación 08/05/2026
- Language Galician
- Alto 220 mm
- Ancho 145 mm
- Peso 270 g
Reviews and ratings
O refugallo (Galician)
- By
- Paula Carballeira
- |
- Edicións Xerais (2026)
- 9788499145730



