Detalls del llibre
E no medio desta cacofonía, desta enxurrada de información (onde se atopa a verdade?), desta confusión e deste caos, xorden tres mosqueteiros que mudan a espada pola pluma dos seus sombreiros de aba ancha e transforman a arte da esgrima para mudala de ritual clasista en esgrima gramatical, defendendo así á estirpe que os criou, que fixo deles seres adultos e autónomos. Como eremitas retornados ás súas covas do deserto (neste caso ficticias) foron producindo reflexións aceiradas, salmos, metáforas e alegorías, pequenos poemas cal espiñas dunha coroa de sufrimentos e eivas descubertas, mais tamén de iluminación e aprendizaxe (que na fin son etapas da madureza persoal). Eses tres mosqueteiros, eremitas ou simplemente cidadáns libres son neste caso Vítor Vaqueiro, Xosé María ÁlvarezCáccamo e Carlos Negro, un trío de ases nos que un pode confiar (palabra de D'Artagnan) Contamínense de Xosé María, de Carlos e de Vítor, celebren a escrita sen fronteiras. Contemplen o por-do-sol, respiren conscientemente e sigan as súas intuicións mentres reflexionan no que aqui leron e no que se atopen nos corredores do seu labirinto propio, Minotauros, bestas ilustradas debullando a xelatina dos días. Xavier Queipo, Bruxelas, Xuño 2020
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autors Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Carlos Negro, Vítor Vaqueiro
- ISBN13 9788484874782
- ISBN10 8484874788
- Pàgines 104
- Any Edició 2020
- Fecha de publicación 01/07/2020
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 140 mm
- Peso 180 g
Ressenyes i valoracions
Tres poetas en estado de alarma (Gallec)
- De
- Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Carlos Negro, Vítor Vaqueiro
- |
- LAIOVENTO (2020)
- 9788484874782



