Detalls del llibre
V Premio de novela Vilar Ponte 2022Que farías se che ofrecen o posto de traballo que estabas a agardar, pero debes compartir espazo coa persoa que arruinou a túa vida? Verónica, a protagonista desta novela, non renuncia ao seu soño profesional, mais tampouco a vingar os feitos que marcaron a súa vida para sempre. De súpeto todo se torce, ao día seguinte de firmar o contrato e deixar as súas pertenzas no despacho que ía compartir con Bruno Agueiro, este aparece morto. A cidade érguese conmocionada coa nova do asasinato do catedrático e Verónica non tarde en se converter na principal sospeitosa. Sen dúbida tiña motivos para acabar coa súa existencia, pero non era a única.Tecendo redes é unha novela de intriga, que tamén esculca nas miserias da sociedade e nas vítimas dos abusos de poder, na dor do silencio e na culpa. Unha lectura trepidante que te deixará sen alento.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a IRENE REGA JUL
- ISBN13 9788411761550
- ISBN10 841176155X
- Pàgines 252
- Any Edició 2023
- Fecha de publicación 01/01/2023
- Peso 330 g
Ressenyes i valoracions
TECENDO REDES PREMIO NOVELA VILAR PONTE 2022
- De
- IRENE REGA JUL
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2023)
- 9788411761550



