Detalls del llibre
O primeiro ensaio, «O marco europeo da cuestión nacional», trata do proceso de estruturación dos estados e da emerxencia das nacións de Europa, procurando evidenciar que os estados e as fronteiras establecidas son consecuencia de causas históricas e condicionamentos materiais e culturais concretos. O segundo, «O reino de Galiza e as orixes do castelanismo», cuestiona a idea de España atribuída ás virtudes e á superioridade de Castela. O terceiro, «O tempo político dos trobadores», aborda o marco político de consolidación do galego como lingua de cultura e administración entre os século XII e XIV. O cuarto, «Sobre a Historia General de España de Modesto Lafuente», critica a interpretación que inspira as ideas tópicas sobre o carácter do Estado español como nación. O quinto, «O españolismo historiográfico no tempo constitucional», examina o estado desa ideoloxía no tempo posterior a 1978. O derradeiro, «O intérprete supremo», analiza a sentenza do Tribunal Constitucional sobre o novo Estatuto de Autonomía de Cataluña, que fecha as vías de recoñecemento da diversidade nacional abertas nas pasadas décadas. Unha posición que contrasta coas decisións tomadas polas institucións do Estado español ante o ingreso na Comunidade Europea e o desenvolvemento da Unión Europea, cando decidiron a transferencia de competencias en materias expresamente definitorias de carácter e da soberanía estatal.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- ISBN13 9788499143491
- ISBN10 8499143490
- Pàgines 240
- Any Edició 2012
- Fecha de publicación 04/06/2012
- Idioma Gallec
- Alto 220 mm
- Ancho 220 mm
- Peso 330 g
Ressenyes i valoracions
Para unha crítica do españolismo (Gallec)
- De
- |
- Edicións Xerais (2012)
- 9788499143491



