Detalls del llibre
A innovación é un fenómeno necesario para que as sociedades prosperen, mais non está exento de controversia. De feito, para o pensamento ?crecentista?, a innovación é necesaria fundamentalmente como motor para acadar o crecemento económico. Nun contexto institucional dominado pola ideoloxía neoliberal, que se vén manifestando -entre outras maneiras- a través das coñecidas como políticas de austeridade e dos recortes orzamentarios no sector público, os territorios menos desenvolvidos tecnoloxicamente e con tecidos industriais máis febles precisan da firme intervención pública para fomentar a innovación empresarial. Nesta obra abórdase o problema da planificación e execución orzamentaria das políticas para fomentar a innovación en Galicia, ofrecendo unha interpretación desde unha perspectiva sistémica e posibles alternativas cara o futuro. Ao longo da obra e da rigorosa análise dos datos, que esixiu unha apaixonante combinación entre esforzo descritivo e claridade comunicativa, agromarán problemas para o desenvolvemento tecnolóxico e innovador galego como a dependencia económica e o centralismo.
Llegir més - Enquadernació Tapa tova
- Autor/a Diego Sande Veiga
- ISBN13 9788484874973
- ISBN10 8484874974
- Pàgines 208
- Any Edició 2020
- Fecha de publicación 01/11/2020
- Idioma Gallec
- Col.lecció ENSAIO
- Alto 210 mm
- Ancho 140 mm
- Peso 300 g
Ressenyes i valoracions
O estrangulamento tecnolóxico de Galiza (Gallec)
Análise das políticas europeas para innovación rexional durante a Gran Recesión
Llegir més - De
- Diego Sande Veiga
- |
- LAIOVENTO (2020)
- 9788484874973



