Detalls del llibre
Novos pasos por Bretaña é unha experiencia viaxeira que nos axudará a comprender mellor o mundo en que vivimos. Dende estas páxinas achegarémonos ás cruces de pedra e aos calvarios que Castelao debuxou; á maxia e ás lendas retratadas por Cunqueiro; sentiremos o mar navegando polas augas bretoas, falando con mariñeiros, sabendo das tradicións e historias de corsarios; coñeceremos os diferentes tipos de dolmens, menhires e aliñamentos; descubriremos a importancia dos relatos artúricos e do mago Merlín; inserirémonos na historia do ducado de Bretaña, que foi territorio independente ata hai pouco máis de douscentos anos. Pero, sobre todo, tal e como apunta o autor, este é un libro de viaxes que fala ?de vivencias, de emocións, de sentimentos, para achegar subxectividade a unha paisaxe máis ou menos vista, a uns monumentos coñecidos, a unha historia e a unhas tradicións incluso manidas?. Como ben di tamén Pemón Bouzas: ?A viaxe é do viaxeiro. O libro de viaxes pasa a ser a viaxe do lector, o seu primeiro achegamento ao destino elixido.?
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Pemón Bouzas
- ISBN13 9788499145907
- ISBN10 8499145906
- Pàgines 128
- Fecha de publicación 08/05/2026
- Idioma Gallec
- Alto 220 mm
- Ancho 145 mm
- Peso 230 g
Ressenyes i valoracions
Novos pasos por Bretaña (Gallec)
- De
- Pemón Bouzas
- |
- Edicións Xerais (2026)
- 9788499145907



